¿Como iniciar un trámite?
Para iniciar un trámite dos dispoñibles na sede electrónica da Biblioteca Nacional de España, débese acceder dende a páxina principal da sede a trámites e servizos ou a rexistro electrónico para aqueles servizos con asentamento rexistral. Os servizos accesibles dende o rexistro electrónico requiren do uso dun sistema de sinatura electrónica ou certificado dixital.
¿Como obter un certificado?
Se dispón de DNI electrónico, xa dispón dun certificado dixital, tamén poderá obter un certificado dixital a través de calquera das entidades emisoras de certificados recoñecidas. Por exemplo, na páxina Web de Ceres http://www.cert.fnmt.es/ encontrará información sobre como conseguir un certificado dixital.
¿Como sei que estou na sede?
O enderezo Web de todo contido da sede electrónica da Biblioteca Nacional de España empeza por https://sede.bene.gob.es. Grazas ao protocolo https as comunicacións realízanse por unha canle segura (asegúrase a integridade, confidencialidade e autenticación das comunicacións).
Para saber que en todo momento estamos a usar o protocolo https, debemos fixarnos, segundo o navegador que usemos, nunha serie de indicadores.
En Internet Explorer débese mostrar un cadeado pechado que aparece na barra de navegación xunto ao enderezo Web da sede.
En Mozilla Firefox o sitio bne.gob.es aparece con fondo azul e o debe mostrar un cadeado pechado na esquina inferior dereita do navegador.
En Google Chrome o https aparece en verde e debe mostrar un cadeado pechado xunto á barra de navegación do enderezo Web da sede.
