Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Documental sobre a BNE

Biblioteca Nacional de España: La memoria del mañana, é unha produción da Biblioteca Nacional de España (BNE) e Acción Cultural Española (AC/E) coa colaboración de RTVE, realizado para mostrar tanto a historia da institución como o valor das coleccións conservadas.

O documental abre as portas da institución cultural máis antiga do país con motivo do seu Tricentenario. Mario Vargas Llosa, Miquel Barceló e Ana Maria Matute guíannos polas entrañas do edificio.

Mario Vargas Llosa entrou por primeira vez na Biblioteca Nacional hai máis de medio século, pero nunca antes tivera a oportunidade de achegarse aos estantes do depósito de Fondo Antigo, un lugar "prohibido" no que repousan manuscritos, incunables e primeiras edicións dos grandes nomes da literatura en español: Cervantes, Góngora, Quevedo, Lope, Garcilaso

O documental La memoria del mañana gravou o encontro do escritor e premio Nobel cos grandes clásicos, igual que rexistrou o acceso de Miquel Barceló ao depósito de Belas Artes da Biblioteca Nacional, onde as obras de Miró, Fortuny, Goya ou Velázquez conforman un dos fondos de obra gráfica máis importantes do mundo.

Na cinta tamén pode verse Ana María Matute, escritora e premio Cervantes; e o científico e escritor, Juan Luis Arsuaga, reflexionar en voz alta sobre a relevancia desta institución, o valor dos seus fondos e a súa capacidade de adaptación ao devir dos tempos.

O documental fai ademais un seguimento exhaustivo do proceso de restauración, dixitalización e encadernación dos Códices Madrid de Leonardo Da Vinci, as dúas únicas obras do xenio humanista que hai en España.

Por último pode escoitarse, por segunda vez na Historia, a Marcha Triunfal de Antonio Asenjo Barbieri, composta polo músico madrileño, con ocasión da colocación da primeira pedra da actual sede o 21 de abril de 1966. É interpretada pola banda do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.

 O documental foi producido pola Biblioteca Nacional de España e Acción Cultural Española coa colaboración de RTVE, sobre un guión de Luis Felipe Torrente e Daniel Suberviola e a realización de Fernando Martín. Ofrece un retrato da historia, o presente e o porvir da Biblioteca Nacional.
 

Información relacionada