A Biblioteca conta con outros organismos públicos para dar difusión á celebración do Tricentenario entre eles: Loterías del Estado, Correos, a Real Fábrica de Moneda y Timbre e a ONCE. Cada un deles desenvolverá un produto que estará dedicado ao Tricentenario da Biblioteca Nacional de España.
Loterías y Apuestas del Estado
29 de decembro de 2011
Loterías y Apuestas del Estado emitirá un billete o 29 de decembro coa imaxe da BNE e o lema do Tricentenario
Cupóns da ONCE
10 de marzo de 2012
A Organización Nacional de Ciegos Españoles (ONCE) realizará unha emisión de cupóns coa imaxe, o logo e o lema -300 anos da BNE. É túa- do Tricentenario, no seu sorteo do 10 de marzo de 2012.
Selo conmemorativo
4 de novembro de 2011
O día 4 de novembro ponse en circulación un selo de Correos dedicado ao Tricentenario da Biblioteca Nacional de España que mostra a fachada do edificio.
As características do selo son as seguintes: o seu valor postal é de 0,80 euros, o seu formato, horizontal, é de 40,9 x 28,8 milímetros, a tiraxe ascende a trescentas mil unidades e a impresión é en offset.
Moeda especial
Abril de 2012
A Real Casa de la Moneda cuñará unha moeda especial conmemorativa en prata.
Gravado e poema
Encargouse ao artista José Hernández, gravador de recoñecido prestixio, Premio Nacional de Belas Artes e membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, a realización dunha prancha de cobre da que se estamparán os gravados conmemorativos do Tricentenario. Na mesma carpeta, o gravado acompañarase dun poema de Joan Margarit, Premio Nacional de Poesía do ano 2008.
Catálogo

