Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Visitar a Biblioteca

Visitas guiadas

Para público individual

 

1. Visita ao Museo da BNE. Esta visita percorre a exposición permanente do Museo. Duración aproximada de 60 minutos.

2. Descubre a BNE: esta visita percorre a escalinata exterior, o recibidor, a escaleira principal, o Salón italiano e a Sala de Padroado. Esta visita non inclúe a exposición permanente do Museo nin o Salón Xeral de Lectura*. Duración aproximada de 60 minutos.

*Apertura de inscrición mensual a partir do día 20 de cada mes.

 

Máis información: Por teléfono 91 516 89 67 ou correo electrónico

*O percorrido poderá verse alterado con motivo da programación de actividades extraordinarias. As visitas de fin de semana quedarán suspendidas a partir do 1 de decembro de 2018 ata novo aviso.


Para grupos

 

1. Visitas ao Museo da BNE. Queda excluída o resto da Biblioteca. Duración aproximada de 60 minutos.

  • Martes a xoves ás 10:30 h. e ás 11:30 h. e os venres ás 10:30 h. Inscrición
  • Mércores e xoves ás 17:00 h. Inscrición 

 

Máis información:  Por teléfono 91 516 89 67 ou correo electrónico 

*O percorrido poderá verse alterado con motivo da programación de actividades extraordinarias.

 

Visitas escolares

Destinadas a grupos de estudantes de primaria, secundaria e bacharelato durante o curso académico.

Visitas especializadas

Estas visitas son máis específicas e organízanse de forma particularizada en función dos intereses determinados dun grupo. Estarán suxeitas á dispoñibilidade da Biblioteca.

  • Visitas para institucións (para universidades e outras organizacións de carácter institucional) e  visitas para profesionais de biblioteconomía, arquivística e documentación. Inscricións: Por teléfono 915 807 894 ou correo electrónico

 

Xornada de Portas Abertas

A Biblioteca Nacional de España celebra, polo menos unha vez ao ano, a súa tradicional Xornada de Portas Abertas: unha visita na que, ademais de realizar un percorrido polo edificio, que inclúe espazos cuxo acceso está normalmente restrinxido, móstranse algunhas obras singulares das que custodia a Institución.

Con antelación infórmase da data, o percorrido, o horario e o modo de acceso.