Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Jornadas de Puertas Abiertas

III Jornada de Puertas Abiertas

III Jornada de Puertas Abiertas

Dentro do espírito de abrir a Biblioteca Nacional a todos, por primeira vez nos seus máis de tres séculos de historia a Dirección da Biblioteca puxo en marcha a celebración dunha Xornada de Portas abertas. Estas xornadas, organizadas co ánimo de lles facilitar a todos os cidadáns o coñecemento das coleccións e servizos da Biblioteca, teñen lugar dúas veces ao ano, unha en primavera, coincidindo co Día do Libro, e outra en inverno e dende a súa primeira edición, o 23 de abril de 2005, contaron cunha grande afluencia de público.

O obxectivo das xornadas é dar a coñecer o funcionamento diario da Biblioteca, os seus espazos, servizos e coleccións. Para iso, organízanse grupos de 25 persoas que, guiadas por persoal da institución, percorren as principais salas de consulta de fondos, coñecen os depósitos onde están situados os libros, infórmaselles dos servizos que a institución proporciona e explícaselles a importancia e a variedade das coleccións da Biblioteca, a través dunha selección de obras que son presentadas polos bibliotecarios especialistas nos devanditos fondos.

III Jornada de Puertas Abiertas

III Jornada de Puertas Abiertas

Ata agora tiveron lugar catro Xornadas de Portas abertas durante os sábados pola mañá, con horario de 9.00 a 14.00 horas. Cada visitante recibe unha entrada, onde se indica a hora prevista de acceso, polo que non é necesaria reserva.

A duración estimada da visita é duns 50 minutos en grupo, durante a cal se realiza un percorrido guiado polas salas de lectura da Biblioteca, o Depósito Xeral e a Sala do Padroado e a Sala de Belas Artes, onde se pode contemplar algún dos tesouros bibliográficos do noso patrimonio nacional.