Guías didácticas

As guías didácticas son un instrumento de apoio para reforzar as visitas escolares e traballar os contidos do Museo antes ou despois de realizar a visita. Están adaptadas para dous niveis educativos (primaria e secundaria-bacharelato), presentan un percorrido didáctico polo museo con cuestións que desafían o enxeño e a comprensión do alumno e fixan os coñecementos sobre as coleccións e recursos audiovisuais presentados en cada sala.
O seu obxectivo é potenciar a capacidade de percepción, sinalar os aspectos básicos deste Museo e traballar a educación en valores como o respecto e a sensibilidade cara ao patrimonio cultural, así como dar a coñecer o papel que cumpre neste sentido a nosa Biblioteca Nacional de España.
Poden descargarse os pdf ou solicitar os exemplares en papel ao seguinte correo electrónico. Enviarase un só exemplar por cada nivel educativo.