Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Visitas escolares

Como preparar a visita?

1. Visita á exposición permanente do Museo da BNE. Queda excluída o resto da Biblioteca. Duración aproximada de 60 minutos.

* Martes a xoves ás 10:30 h. e ás 11:30 h. e os venres ás 10:30 h. Inscrición

* Mércores e xoves ás 17:00 h. Inscrición 

 

 Máis información: Por teléfono 91 516 89 67 ou correo electrónico

 

Como preparar a visita? Os profesores dispoñen de cadernos de material didáctico elaborados para os grupos escolares de ensino primario e secundario. Estes materiais permiten o traballo na aula antes ou despois da visita ao Museo ou ben durante o transcurso desta.

 

Normas para as actividades escolares do Museo

  • O número máximo de alumnos será o indicado na páxina web para cada actividade. En xeral, as visitas guiadas e os obradoiros están pensados para un máximo de 30 alumnos, mentres que as actividades de tipo escénico (teatro, contacontos, etc.) admiten ata 90 alumnos.
  • O centro educativo que reservase actividades deberá confirmar a súa asistencia un mes antes ao seguinte correo electrónico. Se o centro escolar non se presenta o día da actividade reservada, salvo causas de forza maior, poderá ser excluído doutras actividades.
  • O día da visita ou actividade concertada o responsable do grupo presentará a copia do correo electrónico co que confirmou a súa reserva ao Museo.
  • En beneficio do propio grupo, recoméndase a maior puntualidade posible, pois a Biblioteca non pode garantir que os monitores e persoal de atención das actividades estean dispoñibles fóra dos horarios concertados.
  • Os profesores acompañantes estarán presentes en todo momento durante o desenvolvemento da actividade, responsabilizándose de manter a orde e disciplina do grupo, así como do bo uso das instalacións por parte dos seus alumnos.
  • Todas as actividades son gratuítas.

 

Información práctica:

  • Escriba ao correo electrónico para informarse periodicamente das actividades do Museo

  • Máis información: 91 580 77 59 (de 9 a 14 h., de luns a venres).