Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Visitar a Biblioteca

Visitas para público xeral

Para grupos

Visitar o Museo da Biblioteca (60 min.). Mañá, martes a venres. Inscrición

Visitar o Museo e o Salón xeral de lectura da Biblioteca (90 min.). Tardes, martes a xoves. Inscrición

Para máis información: 91 516 89 67

 

Individuais

Estas visitas inclúen o Museo e o Salón xeral de lectura da Biblioteca (90 min.). 

Martes e venres ás 17 h. Inscrición

Mércores e xoves, ás 10 h., sábados, ás 12 h. Inscrición

Máis información: 91 516 89 67

Visitas exprés

Estas visitas inclúen a escalinata exterior, o recibidor, a escaleira principal, o Salón italiano e o Padroado (ca. 30 min.).

De luns a venres ás 12 h.

Sábados ás 11 h.

Sen reserva anticipada. Máximo de 20 persoas. Non se admiten grupos organizados. As prazas asignaranse por rigorosa orde de chegada, a partir de 10 h. no mostrador de azafatas da planta 0. Prégase puntualidade.

Máis información: 91 516 89 67

Visitas escolares

Destinadas a grupos de estudantes de primaria, secundaria e bacharelato.

Visitas especializadas

Estas visitas son máis específicas e organízanse de forma particularizada en función dos intereses determinados dun grupo. Estarán suxeitas á dispoñibilidade da Biblioteca.

  • Visitas para institucións (para universidades e outras organizacións de carácter institucional) e  visitas para profesionais de biblioteconomía, arquivística e documentación. Inscricións: Por teléfono 915 807 894 ou correo electrónico

 

Xornada de Portas Abertas

A Biblioteca Nacional de España celebra, polo menos unha vez ao ano, a súa tradicional Xornada de Portas Abertas: unha visita na que, ademais de realizar un percorrido polo edificio, que inclúe espazos cuxo acceso está normalmente restrinxido, móstranse algunhas obras singulares das que custodia a Institución.

Con antelación infórmase da data, o percorrido, o horario e o modo de acceso.