Busca


BDH permite busca sinxela, avanzada e por coleccións:

Na sinxela, pódese lanzar unha consulta dende o caixón de busca na parte superior da páxina, sobre todos os campos ou sobre algún concreto dos despregables no índice. Tamén é posible consultar sobre o texto dos documentos.

A busca avanzada permite buscar en máis dun campo á vez, acoutar por datas ou idioma, ou por tipo(s) de documento(s).

No apartado “Descubrir coleccións” é posible navegar a través de coleccións destacadas, que recollen obras seleccionadas pola súa especial relevancia, interese, atractivo ou importancia. Tamén podemos explorar por temas ou por tipo de documento.
 

Consellos de busca


  • As comiñas: Se desexa buscar un termo ou frase concreta na orde e forma exacta tal e como se introduce na consulta, encérrea entre comiñas. Por exemplo: “Miguel de Cervantes”.
  • Os caracteres * e ? buscan termos que comparten unha mesma raíz ou palabras de
    ortografía dubidosa. Por exemplo: biblio* recuperará as palabras biblioteca,
    biblioteconomía, bibliografía, bibliófilo etc.; e primiti?a recuperará os termos
    primitiva e primitiua. Non deben usarse estes caracteres como inicio dun termo
    de busca.
  • Ademais, é posible utilizar operadores permitidos para indicar a relación entre os
    distintos termos de busca:
  •  

    Y: recupera os documentos que conteñan todos os termos de busca
    O: recupera os documentos que conteñan algún dos termos de busca
    NO: recupera todos os documentos que conteñan o primeiro termo, agás aqueles que conteñen o segundo.
     

Imagen de un filtro

Presentación dos resultados e navegación


Unha vez lanzada a busca, os resultados móstranse nunha listaxe que amosa os datos básicos de cada un (título, autor, data e tipo de documento). Podemos elixir ver rexistros por páxina e como ordenalos, a través dos despregables na parte superior esquerda. 

Os filtros á esquerda da lista de resultados ofrecen a posibilidade de afinar os resultados obtidos. Tamén podemos ver os resultados da nosa busca na Biblioteca Digital del Patrimonio Iberoamericano (BDPI) e Europeana, e acceder directamente a eles, seguindo as ligazóns que se mostran na parte superior.

 

Facendo clic sobre o título dunha obra, accedemos á visualización completa do rexistro, e se facemos clic sobre a miniatura do obxecto dixital, poderemos ver directamente a obra dixitalizada

Tamén dende aquí podemos lanzar a busca da mesma obra en máis fontes externas, facendo clic en “Buscar noutras fontes”.
 

Funcionalidades adicionais


Algunhas das ferramentas que incorpora a Biblioteca Digital Hispánica, entre outras:

  • gardar rexistros para exportalos,
  • envialos ou descargalos,
  • servizo de alertas de buscas determinadas,
  • comentar e votar obras, “outros usuarios viron”,
  • compartir en Facebook e Twitter,
  • Readspeaker, lector da obra 

Relación entre o Catálogo xeral da Biblioteca e o catálogo de Biblioteca Digital Hispánica


A relación entre a Biblioteca Digital Hispánica e o Catálogo xeral da Biblioteca é bidireccional: se unha obra está na Biblioteca Digital Hispánica, o catálogo mostra unha ligazón a un URL que comeza por http://bibliotecadigitalhispanica.bne.es, e que levará directamente á versión dixitalizada do documento. 

Da mesma forma, pódese acceder dende un rexistro na Biblioteca Digital Hispánica ao rexistro no catálogo, dende a ligazón “Rexistro bibliográfico no Catálogo” na visualización completa.
 

Uso das imaxes


As imaxes de obras en dominio público están baixo unha licenza de Recoñecemento 4.0 Internacional de Creative Commons ou equivalente. O uso público das devanditas imaxes é gratuíto e non require autorización previa, tan só citar a procedencia da obra reproducida como "Imaxes procedentes dos fondos da Biblioteca Nacional de España.”

       Logo de la licencia CC-BY de Creative Commons

Para o uso público de obras suxeitas a dereitos, débese solicitar autorización aos titulares dos dereitos de autor da obra, normalmente a través das entidades xestoras de dereitos de autor ou dos operadores de xestión independentes. Pode consultar os contactos na páxina web do Ministerio de Cultura e Deporte.

 

  • Ministerio de Educación, Cultura y Deporte España es cultura
  • ©2021 BNE - Pº de Recoletos 20-22
    28071 Madrid Tel.: (34) 91 580 78 00