Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Cantorais

Libros de coro

A colección de libros de coro da Biblioteca Nacional de España, xerada na súa maior parte polas desamortizacións decimonónicas, está formada por preto dun centenar de libros litúrxicos procedentes de diversos centros eclesiásticos e que están custodiados actualmente na nosa biblioteca. 

Estes libros de facistol dan testemuño clave da tradición do canto gregoriano en España. É un fondo moi distinto a calquera outro repertorio catedralicio ou monástico, xa que presenta unhas características heteroxéneas tanto na súa procedencia coma no seu formato. A abundante produción de cantorais ao longo dos séculos, ten nesta colección unha representación codicolóxica e melódica de grande interese tanto para musicólogos e gregorianistas coma para filólogos e estudosos do libro antigo español.

De todo iso xorde a necesidade de desenvolver a presente base de datos que dará solución e servizo a varios aspectos fundamentais da catalogación e investigación. Por unha banda, permitirá á propia Biblioteca acadar unha descrición bibliográfica cun maior nivel de detalle acorde ás singularidades deste repertorio. E por outro, esta sistematización e normalización de todos os aspectos dos libros de facistol (misais, graduais, antifonarios, etc.) ha de servir de normativa para o ámbito hispánico e para calquera institución con este peculiar fondo bibliográfico.

Base de datos de Cantorais

Tamén che pode interesar: