Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Consellos de busca

Recomendacións xerais

  • O truncamento (substitución ilimitada de carácteres) realízase co signo $. Tamén se pode utilizar para representar un único carácter, moitos carácteres ou ningún. Se se acompaña dun termo nunha expresión de busca, búscanse todas as variacións de cada termo. Cando as palabras truncadas xeran demasiadas variacións para buscar, recupérase unha lista alfabética. Por exemplo:
    • “Bibliotec$” recupera “biblioteca”, “biblioteconomía” etc.
    • “Dos$sky” recupera “Dostoyevsky” e “Dostoevsky”.
  • Utilízase o signo ? como substituto para un carácter dun termo de busca, normalmente cando non se está seguro da ortografía ou cando se queren atopar dúas formas dunha palabra. Por exemplo:
    • “Español?s” recupera “españois” e “españolas”.
    • “Hispanis???” recupera “hispanismos” e “hispanistas”.
  • Pódense utilizar operadores booleanos e as aniñacións con paréntese no interior das cuadrículas de busca. Se non utiliza operadores e introduce varias palabras, o sistema supón un Y implícito entre elas; é dicir, busca os documentos que conteñan todos os termos de busca nese campo, independentemente da súa orde e de que sexan adxacentes ou non.
  • Os operadores permitidos son:
    • Y ou AND: recupera os documentos que conteñan todos os termos de busca.
    • O ou OR: recupera os documentos que conteñan algún dos termos de busca.
    • Non ou NOT: recupera todos os documentos que conteñan o primeiro termo, agás aqueles que conteñen o segundo.
  • Para combinar os operadores lóxicos, teña en conta que a orde de prioridade da súa execución é: 1.º, NON 2.º Y, 3.º O.

Puntuación

  • Ao incluír os signos de puntuación seguintes dentro dunha expresión de busca, o sistema:
    • Substitúe os signos de puntuación por espazos.
    • Busca variacións da expresión de busca que conteñan a puntuación.
    • Ignora os signos de puntuación.

(Para buscar un signo de puntuación como carácter literal, débese encerrar a expresión entre comiñas).
Puntos: se o punto non marca o final dunha frase ou se o punto non se utiliza como un carácter de separados de miles nun número, o sistema substitúe os números por espazos. Se o punto se utiliza como signo de miles, non se substitúe por un espazo.
Comas: o sistema substitúe as comas da expresión de busca por un espazo.
Guións: as expresións de busca que conteñen guións búscanse co guión incluído. Unha busca sen o guión mostra palabras tanto co guión coma sen el. Por exemplo: a busca “Valle-Inclán” no título recupera as obras con esta expresión “Valle Inclán”, recupera as anteriores e mais as que teñan “valle” e as que teñan “Inclán”.
Acento circunflexo (^): o sistema ignora o acento circunflexo nas expresións de busca.

Limitacións

  • O sistema non ten ningún límite á hora de mostrar os resultados; non obstante, se os resultados da súa consulta superan os mil rexistros, este xa non os ordena.
  • As opcións de limitación atópanse tanto ao final da listaxe de resultados, como tras o formulario de busca avanzada.

ISBN

  • Separe os catro grupos de díxitos con guión. Ex.: 84-921562-2-8

Número de depósito legal

  • Non introduza ningunha puntuación entre o prefixo da provincia e o número correspondente. Ex.: CA 482-2003