Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Acceso ao Catálogo bibliográfico

Contén nun único catálogo as referencias bibliográficas de libros modernos publicados a partir de 1831, libros antigos, folletos e follas impresas ata 1830, manuscritos, revistas e xornais, gravados, debuxos e fotografías, mapas e planos, videogravacións, partituras e gravacións sonoras. Se desexa coñecer o seu contido actual, consulte a información sobre o estado do catálogo.
Na actualidade, non todas as obras existentes na Biblioteca Nacional están accesibles no seu catálogo automatizado. Se non localiza o documento do seu interese, diríxase a correo electrónico.

Consulta:

A consulta ao catálogo pódese realizar a través dos seguintes formularios:

A opción de busca alfabética permite consultar por nome de autor, materias, título e nome de serie. Este tipo de busca proporciona unha listaxe co resultado ordenado a partir do termo consultado que, á súa vez, enlaza cos rexistros bibliográficos.

Ao consultar o catálogo, pódese acceder aos fondos dixitalizados da Biblioteca Nacional. Para iso, hai que seguir os enlaces que se poden atopar na visualización detallada dos rexistros. A maioría destas imaxes dixitais están tamén accesibles nas  coleccións dixitais distintas.
 

Descarga de rexistros:

O catálogo permite realizar a descarga de rexistros bibliográficos. Esta descarga realízase seleccionando os rexistros que se queren obter picando no botón “Gardar”, que aparece neles (tanto na listaxe de resultados coma no propio rexistro). A continuación, na parte superior da pantalla éntrase en “Gardados” e aí atópanse os rexistros seleccionados. A descarga pódese realizar tanto por correo electrónico, escribindo o seu enderezo, como creando un arquivo que se pode gardar no propio ordenador.

Tamén se ofrece a posibilidade de descargar rexistros utilizando o cliente z39.50 que ofrece o sistema. A través del, pode seleccionar as bibliotecas das que se quere descargar rexistros, entre as que se inclúe a propia Biblioteca Nacional. A continuación, fai a busca que desexa e recupera os rexistros que máis lle interesen.

Catálogo Bibliográfico