Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Catálogos Colectivos

O Catálogo Colectivo de Publicacións Periódicas ofrece información sobre as coleccións de prensa e revistas que conservan as principais bibliotecas españolas. O seu uso proporciona acceso único e simultáneo á información dos fondos de moitas institucións, facilitando a localización dunha información dispersa dunha forma rápida e precisa.

O Catálogo Colectivo de Patrimonio Bibliográfico elaborouse, na súa fase inicial, tomando como base a colección dun grupo de bibliotecas, entre as que loxicamente estaba a Biblioteca Nacional; por iso, gran parte do seu fondo antigo está integrado no catálogo colectivo. Actualmente, están pendentes de integrarse no catálogo automatizado da BN os preto de 3.000 impresos do século XV, os incunables, e gran parte da colección do século XVI, polo que é aconsellable que quen estea interesado nestes fondos consulte o Catálogo Colectivo de Patrimonio Bibliográfico.

Instrumenta Musicae. Catálogo Colectivo de Fondos Musicais do Século XIX nas Bibliotecas Iberoamericanas atópase en fase de desenvolvemento e ofrece, neste momento, ao redor de 20.000 obras entre partituras impresas e manuscritas e monografías de música que proceden, maioritariamente, da Biblioteca Nacional de España.