Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico Español

Este catálogo colectivo ten como obxectivo o inventario e a descrición do patrimonio bibliográfico depositado en bibliotecas españolas, públicas ou privadas.

O Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico realízase en cumprimento da Lei 16/1985, do patrimonio histórico español. É elaborado conxuntamente polo Ministerio de Cultura (Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas) e todas as comunidades autónomas.

A participación das comunidades autónomas faise por medio de convenios co devandito ministerio. O ano inicial de colaboración para cada comunidade autónoma é o seguinte: Andalucía 1989, Aragón 1989, Asturias 1988, Baleares 1994, Canarias 1989, Cantabria 1997, Castela-A Mancha 1994, Castela e León 1989, Cataluña 1990, Comunidade Valenciana 1989, Estremadura 1997, Galicia 1989, A Rioxa 1997, Madrid 1990, Murcia 1989, Navarra 1996 e o País Vasco 1994.

Contido do Catálogo Colectivo

O Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico é un proxecto en fase de desenvolvemento e está en proceso continuo de ampliación e depuración.

Na súa última actualización (9 de marzo de 2006), contén 701.862 rexistros que describen na súa maior parte distintas edicións de obras impresas entre os séculos XV e XX, así como información sobre 1.826.721 exemplares concretos das devanditas edicións, depositados en preto de 698 bibliotecas.

Os rexistros elaboráronse, na súa maioría, á vista dos exemplares. Outros elaboráronse con información obtida dos catálogos das bibliotecas ou das seguintes publicacións:

  • Catálogo Colectivo de Obras Impresas nos Séculos XVI ao XVIII Existentes nas Bibliotecas Españolas. Edición provisional. Madrid, Ministerio de Cultura, 1972-1984.
  • Catálogo Xeral de Incunables en Bibliotecas Españolas. Madrid, Dirección Xeral do Libro e Bibliotecas, 1989-1990.

Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico Español