Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Troco

O troco é unha das vías de ingreso e incremento dos fondos documentais na Biblioteca Nacional de España (BNE) xunto co donativo, a compra e o depósito legal. É unha parte esencial na política de adquisicións da institución, que vén a contribuír ao enriquecemento do patrimonio bibliográfico español e á difusión da cultura española no mundo.

Historicamente, xa nos anos cincuenta do pasado século, a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (coñecida internacionalmente como a UNESCO) promoveu a redacción de acordos internacionais neste sentido que se aprobaron por unanimidade. Posteriormente, foi nos anos setenta cando a Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Institucións (IFLA), en colaboración estreita coa UNESCO, se preocupou de redactar unha serie de recomendacións sobre o troco no ámbito internacional.

O labor do troco consiste no intercambio de obras, independentemente do seu soporte documental, con outras bibliotecas e institucións culturais e de investigación pertencentes ao ámbito internacional.

Básica e esencialmente, mediante esta forma de ingreso, a Biblioteca Nacional consegue recompilar, dun xeito gratuíto, obras que fan referencia á cultura española e iberoamericana en todos os seus aspectos e que non figuran nos fondos da BNE, así como a produción de autores españois no estranxeiro.

En concreto, na Biblioteca Nacional, o fluxo de traballo do troco vén a desenvolverse a través de dúas vías:

  • Unha vía de ingreso de obras, tras unha selección previa das listaxes que as institucións envían, principalmente a través de correo electrónico.
  • Outra vía de saída de publicacións, a través da selección que as institucións fan sobre dúas listaxes que elabora a biblioteca: unha listaxe con publicacións editadas ou nas que participa a propia BNE e outra listaxe con obras duplicadas e editadas por institucións públicas.

Información práctica

  • Biblioteca Nacional de España
    Servicio de Donativo y Canje
    Paseo de Recoletos, 20
    28071. Madrid (España)

  • Teléfono: 91 580 78 18 (ext. 818)

    Correo electrónico: canje@bne.es