Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Compra

Co fin de enriquecer e actualizar a colección da Biblioteca Nacional, adquírense anualmente numerosas publicacións modernas e antigas.

A política de adquisicións da Biblioteca, en xeral, baséase nos seguintes criterios de selección:

Toda obra editada en España antes de 1958 que non se atope xa nos fondos da Biblioteca Nacional.

Documentos impresos ou producidos en lugares que estiveron ligados en determinados momentos á historia de España.
Toda obra editada fóra de España que reúna algún dos seguintes requisitos:
Obras de autores españois.
Obras editadas en español ou noutros idiomas nacionais, en especial as de autores hispanoamericanos.
Obras de autores estranxeiros que traten temas españois.

Aquí tamén pode consultar as estatísticas de adquisicións(esp)da Biblioteca Nacional dende o ano 1996.