Donativo
Quere doar un documento?
Mediante o donativo calquera persoa pode contribuír ao enriquecemento dos fondos depositados na Biblioteca Nacional de España.
Pode facernos chegar as súas propostas mediante o seguinte formulario.
Que doaron outras persoas?
Estamos interesados en:
- Documentos imprimidos ou producidos en España que non figuren no noso catálogo.
- Documentos editados no estranxeiro que traten sobre a cultura española e iberoamericana.
- Publicacións periódicas que completen coleccións xa existentes.
Non aceptamos doazóns de:
- Documentos imprimidos ou producidos en España que ingresaron en cumprimento da normativa do depósito legal.
- Exemplares fotocopiados e autoedicións.
- Capítulos de libros ou artigos de revistas (separatas) cuxos orixinais completos xa están na Biblioteca.
- Documentos manuscritos modernos ou mecanografados inéditos de autores non recoñecidos.
- Publicacións menores
- Números soltos de revistas que non completen unha colección.
Para calquera consulta ou aclaración sobre donativos envíe unha mensaxe ao correo electrónico



