Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Archivo de la Palabra

Subcolección de Actos culturais da Biblioteca

Imaxe dun acto na Biblioteca

Esta subcolección xorde para gardar e preservar a memoria oral da Biblioteca Nacional a través dos actos culturais realizados nesta dende 1973. Contén recitais de poesía, presentacións de libros, ciclos de conferencias mesas redondas, etc., que comezaron a rexistrarse de forma regular a partir dos anos 70, como resultado da política cultural da Biblioteca baixo a dirección de Hipólito Escolar e Manuel Carrión.

Todas as gravacións desa procedencia están organizadas no Arquivo baixo a serie xeral "Actos Culturais da Biblioteca Nacional" e, á súa vez, divididas en subseries ou "ciclos", en función dos contidos. Con frecuencia, as gravacións destes actos veñen acompañadas de documentación gráfica (fotografías) e escrita (convites, folletos informativos, etc.), que queda arquivada formando parte do Arquivo da Palabra da Biblioteca.