Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Historia da colección

1. Historia da colección

A antiga Sección Cervantes, actualmente integrada no Servizo de Reserva Impresa da Biblioteca Nacional, creouse en 1894, ao trasladarse a biblioteca ao actual edificio do Paseo de Recoletos, sendo director Manuel Tamayo y Baus. Ata ese momento, as edicións de textos de Cervantes formaban parte da Sección de Libros Raros e Preciosos, dentro do Departamento de Impresos da Biblioteca.

O labor de Menéndez Pelayo durante a súa etapa de director (1898-1912) foi moi positivo para esta sección (entre outras cousas, queda constancia na realización, en 1905, da "Exposición bibliográfica y artística con motivo del tercer centenario de la publicación del Quijote"). Pero foi o seu sucesor, Rodríguez Marín, quen a mellorou considerablemente, duplicando o número de volumes mediante novas adquisicións e reunindo libros e folletos cervantinos dispersos nas restantes seccións.

Durante a dirección de Rodríguez Marín, o encargado da sección, Gabriel Martín del Río y Rico, realizou o primeiro catálogo desta, e obtivo con este traballo o premio de bibliografía da Biblioteca Nacional en 1916. A obra non se publicou ata 1930.
Tamén se sucederon as exposicións, a partir da primeira realizada en 1905, cos seus respectivos catálogos. A máis recente foi a titulada "El Quijote, biografía de un libro, 1605-2005", con motivo do cuarto centenario da publicación da primeira parte.
Por outra parte, o pintor valenciano Muñoz Degrain doou á Biblioteca en 1919 unha colección de vinte cadros, todos de temática cervantina, que pode contemplarse na actual "Sala Cervantes".

2. Os fondos

Ao fondo inicial fóronse engadindo novos volumes, procedentes do depósito legal, doazóns e compras. Entre as adquisicións destacan as das bibliotecas particulares de José María Asensio y Toledo e de Juan Sedó Peris-Mencheta, a primeira en 1949 e a segunda en 1968.

A importancia de Asensio y Toledo, bibliófilo e cervantista da segunda metade do XIX, está, segundo Menéndez Pelayo, en ser o iniciador da investigación documental moderna sobre Cervantes.

Pola súa banda, a figura de Juan Sedó destaca nos ambientes cervantistas da primeira metade do século XX, e a súa colección céntrase, ademais de na obra de Cervantes, en calquera tipo de material relacionado con este autor: cromos, etiquetas, postais, ex libris, abanos, etc. Dentro do fondo propiamente bibliográfico, destacan vinte e seis edicións do Quixote do século XVII, e valiosas edicións do século XX, ademais de obras teatrais, imitacións, catálogos, bibliografías, revistas, etc.

A colección cervantina depositada no Servizo de Reserva Impresa ascende a 5.146 volumes e 50 caixas de folletos coas signaturas Cerv e CervC, respectivamente, e 8.853 volumes e 138 caixas de folletos coas signaturas Cerv.Sedó e Cerv.SedóC. Os libros procedentes de José María Asensio y Toledo están incluídos na signatura máis xeral de "Raros" (R).
 

Bibliografía da colección

  • Bibliografía española. Monografías. Recolle os títulos novos ingresados por depósito legal na Biblioteca Nacional de España.