O Quixote interactivo é un proxecto que permite un achegamento innovador á primeira edición da obra máis importante de Cervantes, conservada nos fondos da Biblioteca Nacional de España. Grazas a esta iniciativa, é posible gozar do Quixote coma se tivese o libro nas súas mans, ao tempo que se pode acceder a contidos multimedia que axudan a coñecer o contexto da obra.
Partiuse da dixitalización a moi alta calidade dos exemplares que conserva a BNE da primeira edición do Quixote: a de Madrid de 1605 e a de Madrid de 1615; arredor desta nova dixitalización construíuse un portal interactivo ao que se incorporaron mapas, ilustracións, gravados e outros contidos procedentes de 43 edicións distintas do Quixote e doutras 21 obras máis, todas pertencentes á BNE. . 
Descargar capturas do visor (zip, 10 Mb)
Ver vídeo de presentación en YouTube.
Para visualizar o Quixote interactivo, debe instalar no seu equipo Adobe Flash Player

Catálogo

