Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Cervantes

Cervantes
Viaje del Parnaso

 A antiga Sección de Cervantes creouse en 1894, cando a Biblioteca Nacional cambia a súa sede ao edificio actual no Paseo de Recoletos. Ata entón, as edicións de textos cervantinos formaban parte do Departamento de Impresos. Aínda que xa contou coa atención de Marcelino Menéndez Pelayo na súa etapa como director, será o seu sucesor, Francisco Rodríguez Marín, quen incremente considerablemente a colección, duplicando o seu número de volumes, mediante novas adquisicións de obras e reunindo nela libros e folletos cervantinos dispersos nas distintas seccións do departamento.

Ao fondo inicial iranse engadindo novos volumes: os ingresados por depósito legal e outros procedentes de doazóns e compras. Entre as adquisicións, destacan as das bibliotecas particulares de José María Asensio y Toledo, en 1949, que incrementará a colección con 464 volumes, entre os que había 217 edicións de El Quijote, e a de Juan Sedó Peris-Mencheta, en 1969. Esta última non só se centraba na obra de Miguel de Cervantes, senón en calquera tipo de material relacionado con el. Esta colección sufriu diversos avatares durante a Guerra Civil e, tras a súa finalización, creceu a un ritmo rápido grazas ás adquisicións constantes de pezas de interese. Neste fondo destaca a presenza de vinte e seis edicións de El Quijote impresas en castelán no século XVII e de valiosas edicións do século XX, sen que falten as curiosidades de todo tipo: imitacións, continuacións, obras teatrais de asunto cervantino, estudos, conferencias, catálogos, bibliografías etc.

Na actualidade, a colección está formada por 5.146 volumes e 50 caixas de folletos, baixo a sinatura Cerv., e 8.853 volumes e 138 caixas, baixo a sinatura Cerv. Sedó.