Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Debuxos

O fondo de Debuxos da BNE é un dos máis importantes do país, tanto pola calidade coma polo volume das súas obras. Entre os debuxos de escola española, a obra orixinal de artistas como El Greco, Velázquez, Alonso Cano, Murillo, Goya, Alenza e Fortuny, entre outros, convive coa de artistas das últimas vangardas.

Consérvase unha representación destacada de debuxo italiano e portugués, e unha selección das escolas francesa, alemá, flamenga e holandesa.