Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Xeografía e mapas

Subcolección de mapas de América

Quebec (Canadá) (Provincia). Mapas xerais. 1788

Quebec (Canadá) (Provincia). Mapas xerais. 1788

A subcolección de mapas de América está composta por mapas, planos e cartas náuticas manuscritos e imprimidos, mapas de descubrimentos xeográficos, demarcación de límites, primeiros asentamentos ou creación de infraestruturas (comunicacións, ferrocarrís, telégrafos...) dos séculos XVI ao XIX.

Mapas que describen e representan todo o continente americano dependente dos estados europeos, principalmente de España, Portugal, Francia e Inglaterra. A temática é moi variada e abrangue dende o seu descubrimento e conquista ata a creación dos estados modernos.

Entre eles, cabe destacar, as series de mapas que representan a totalidade do continente Americano, os mapas de América do Norte e Estados Unidos que inclúen os estados, que pertenceron a España ata 1819, como Florida, California, Nevada, Utah, Arizona, Novo México e Texas. Mapas de México e dos países continentais centroamericanos cos seus dominios insulares. Os mapas que mostran a totalidade das illas do Caribe, Grandes Antillas, Pequenas Antillas, Cuba, República Dominicana, Haití e Porto Rico. Os mapas da totalidade de América do Sur ou que representan os distintos países sudamericanos e os seus territorios insulares.

Moitos destes mapas proceden de coleccións tan destacadas como as de Mendoza, Tomás López ou a de mapas manuscritos e constitúen unha importante fonte de estudo para o coñecemento e desenvolvemento da historia americana.