Leonardo interactivo
O Leonardo interactivo é unha ferramenta que ofrece a versión dixital dos Códices Madrid de Leonardo da Vinci, ademais de múltiples funcionalidades que nos achegan ao mundo do xenio toscano.
Os Códices Madrid I e II conteñen anotacións e debuxos diferentes entre si en canto a contido e época.
Entre outros contidos contextuais de interese, esta ferramenta inclúe unha cronoloxía da vida de Leonardo e un superficial achegamento ás áreas do coñecemento ou artísticas que abordou o pensador universal, a través de obras que forman parte dos fondos da Biblioteca Nacional de España.
Para visualizar o Leonardo interactivo é necesario instalar Adobe Flash Player
Púxose a disposición dos usuarios unha caixa de correo para incidencias.
Funcionalidades

- Zoom de alta calidade
- Vista especular
- Buscas
- Transcrición e tradución
- Índice de materias
- Acceso a páxinas máis vistas
- Vistas en miniatura
- Vista en pantalla completa
- Opcións de impresión
- Compartir en redes sociais
Contido multimedia

- Cronoloxía da vida de Leonardo
- Os oficios atribuíbles a Leonardo
- Os Códices no mundo
- A Biblioteca de Leonardo
- Contexto histórico, social e político
- Obras musicais da época
- Vídeos e animacións 3D
- Xogos
Datos do proxecto

- 718 páxinas dixitalizadas
- 120 obras dixitalizadas
- 100 páxinas interactivas
- 138 contidos multimedia
- 40 profesionais de distintas disciplinas
- 20.000 horas de traballo
- 300 millóns de partidas diferentes no xogo de preguntas
- 200 mil partidas diferentes no xogo de memoria