Saltar al menú principal
Saltar al contenido

datos.bne.es 2.0

A nova versión do portal de datos incorpora bastantes novidades e melloras respecto á súa predecesora:

  • Sobre a base dos mesmos datos, actualizados a 2014, construíuse unha interface visual, cun buscador, que persegue explotar as relacións dos datos e experimentar con novos modos de presentación de datos bibliográficos para o usuario final, incluíndo enriquecemento con datos de fontes externas. Non obstante, mantéñense as características anteriores de acceso mediante Sparql para desenvolvedores e expertos, e as descargas totais dos datos.
  • Ampliouse o rango e o número de rexistros bibliográficos e de autoridade, de modo que nesta versión cobre a práctica totalidade dos materiais da biblioteca, incluíndo libros antigos e modernos, manuscritos, música escrita e gravada, videogravacións, fotografías, debuxos e mapas.
  • Incluíronse os enlaces a exemplares dixitalizados na Biblioteca Dixital Hispánica, de maneira que se dá a acceso dende o portal aos fondos dixitais da biblioteca.
  • Para desenvolvedores e expertos, os datos encóntranse descritos mediante unha ontoloxía propia de BNE, que reutiliza propiedades de diferentes vocabularios.