Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Normativa da BNE

Manual de autoridades

O Manual de autoridades da BNE é un documento dinámico de traballo que recolle a práctica que veu seguindo esta institución na normalización dos seus puntos de acceso. Está baseado en fontes de referencia, en prácticas doutras bibliotecas e estudos teóricos de diversa índole de moitas outras bibliotecas e institucións.

Manual de autoridades

Manual de catalogación de partituras do século XIX

Este manual formula, con exemplos, o control bibliográfico de documentos musicais. Abrangue dende a música práctica aos tratados, que entran na denominación de monografías, e ás publicacións seriadas. Non se prescinde da catalogación analítica de partituras incluídas en libros ou revistas nin da descrición bibliográfica de facsímiles actuais que reproducen edicións do século XIX.

Manual de catalogación de partituras do século XIX (PDF 7,68 Mb)

Adaptación á ISBD consolidada

A partir de xaneiro de 2010 a BNE empezou a utilizar a ISBD consolidada para a descrición (posto que está máis actualizada) e as Regras de catalogación (edición novamente revisada de 1999, reimpresión de 2010) da que se seguirán utilizando os capítulos relacionados con forma e elección dos puntos de acceso.

Esta decisión levouse a cabo ante os cambios internacionais que se están a producir e que nos dificultan polo momento adoptar unhas novas regras. Seguimos en calquera caso moi de cerca o que se está facendo nestes momentos e poñéndonos de acordo con outros países para traballar en coordinación, non duplicar esforzos e tomar a decisión oportuna no momento oportuno.

Táboa de cambios

ISBD consolidada

Adaptación a MARC21

En beneficio da internacionalización e normalización de rexistros bibliográficos e de fondos e do control de autoridades, a Biblioteca Nacional de España decidiu adoptar o formato MARC 21 aproveitando un cambio no sistema informático que soporta a base de datos. O feito de que a BNE empece a utilizar o Formato MARC 21 favorece a súa introdución no resto das bibliotecas españolas e nalgunhas hispanoamericanas, tanto para o formato bibliográfico coma para o de autoridades, e para o de fondos e localizacións; cómpre ter en conta, ademais, que está previsto que a maioría das bibliotecas cabeceira das comunidades autónomas redacten cooperativamente coa BNE os rexistros de autoridade. Así mesmo, ten repercusión na importación de rexistros da Biblioteca Nacional por parte do resto das bibliotecas españolas.

Equivalencias IBERMARC - MARC 21

Propostas ao Comité MARBI da ALA (pdf)

Resultados: 4 registros encontrados