Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Solicitar un ISNI

Como podo conseguir un ISNI?

Escribindo ao enderezo isni@bne.es

Quen pode solicitar un ISNI na BNE?

A Biblioteca Nacional de España tramita peticións de números ISNI para autores ou entidades que cumpran, polo menos, unha destas dúas condicións:

  • Autores ou entidades españolas ou que traballan en España.
  • Autores ou entidades que están no catálogo da BNE.

Que é necesario para obter un ISNI?

As identidades públicas identifícanse cos seguintes elementos de metadatos:

  • Nome da identidade pública.
  • Data e lugar de nacemento e/ou falecemento (ou rexistro e disolución no caso de entidades legais).
  • Categorías e funcións de acordo coa definición establecida pola Registration Agency (Axencia de Rexistro, RA) de ISNI. As categorías definen grandes grupos de actividade: musical, audiovisual, textual, traballos artísticos, coreografía e software. E funcións, que é a tarefa que se desempeña en cada unha desas categorías, que pode ser autor, intérprete, editor, ilustrador, etc.
  • Título de referencia dunha creación.
  • Nome dunha persoa e/ou institución coa que estea relacionado (universidade, editorial, etc.).
  • Un URI (ou URL) que proporciona un enlace para máis información acerca da identidade.