Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Rexistro International do ISSN

Ao asignar un ISSN, créase tamén un rexistro cos datos da publicación seriada en cuestión, que pasa a formar parte da base de datos do ISSN, que mantén e publica o Centro Internacional do ISSN en París.

Esta base de datos crece e actualízase constantemente (cun crecemento anual de entre 40.000 e 60.000 novos rexistros). O seu volume (máis dun millón de rexistros), cobertura (mundial) e fiabilidade (os rexistros están producidos polos centros nacionais do país de orixe das publicacións) fan desta base de datos un recurso informativo esencial sobre as publicacións seriadas e unha fonte bibliográfica fundamental para as bibliotecas e os centros de documentación.

A base de datos do ISSN publícase en internet, o ISSN Portal.