Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Orixe e estrutura da Rede ISSN

En 1971, a Organización Internacional de Normalización (International Standard Organization, ISO) difundiu unha recomendación para a creación dun Número Internacional de Publicacións Seriadas (ISSN / International Standard Serial Number) que permitise facer fronte á produción cada día máis numerosa deste tipo de material, identificando inequivocamente o título de cada publicación seriada. Desta forma, estableceuse o sistema ISSN, no marco do Programa UNISIST da UNESCO.

Para a adxudicación e xestión do ISSN creouse a Rede ISSN, que consta dun centro internacional en París, encargado da coordinación da rede e do mantemento da súa base de datos e de centros nacionais nos distintos estados membros. Cada centro nacional é o único responsable da asignación do ISSN ás publicacións seriadas editadas no seu país.