Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Cando solicitarlo

O máis aconsellable é solicitalo antes de que apareza o primeiro número, para que o ISSN poida aparecer na publicación dende o principio.

De todos os xeitos, pode solicitarse en calquera momento da vida da publicación. E tamén pode solicitarse cando xa se deixou de publicar se se desexa unha asignación retrospectiva.

SEMPRE QUE HAXA UN CAMBIO DE TÍTULO. Se o título da publicación seriada cambia o ISSN que tivese asignado, xa non se pode seguir utilizando e hai que solicitar un novo. Calquera cambio no título, por insignificante que pareza (como a desaparición dunha palabra ou acrónimo, a orde das palabras, un cambio na denominación da entidade responsable se forma parte do título...) deberá comunicárselle ao Centro Español do ISSN.

Cando se solicita ISSN para unha publicación, tamén hai que solicitalo para as publicacións relacionadas con ela:

- Suplementos da publicación que conten coa súa propia numeración.
- Edicións noutras linguas.
- Edicións noutros soportes (i.e. internet, CD-ROM, disquete etc.).

Para resolver calquera dúbida, pódense poñer en contacto co Centro Español do ISSN.