Saltar al menú principal
Saltar al contenido

¿Que é o ISSN?

O ISSN (International Standard Serial Number / Número Internacional Normalizado de Publicacións Seriadas) é un código numérico recoñecido internacionalmente para a identificación das publicacións seriadas. O ISSN pode utilizarse sempre que haxa que recoller ou comunicar información referente ás publicacións seriadas, evitando o traballo e posibles erros de transcribir o título ou a información bibliográfica pertinente. O ISSN identifica sen ambigüidades nin erros a publicación seriada á que vai asociado. É o equivalente para as publicacións seriadas do que é o ISBN para os libros.

O ISSN consta de oito cifras (a última das cales é un díxito de control) e non incorpora ningún outro significado máis que a identificación da publicación seriada: non contén prefixos que indiquen o país de publicación nin o editor. Os ISSN son directamente asignados polo Centro Nacional ISSN do país de publicación.

O ISSN está indisolublemente asociado ao título da publicación e un cambio no título implica sempre un cambio de ISSN. Mentres o título non sufra cambios ou variacións, o ISSN mantense e debe imprimirse en cada fascículo ou volume da publicación; se o título cambia (aínda que sexa minimamente), é necesario solicitar un novo ISSN e non se debe seguir utilizando o anterior.

Para calquera dúbida ou suxestión, envíe unha mensaxe a
enderezo electrónico