Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Solicitude do ISSN

Este trámite é gratuíto.

En virtude do RD 1405/2007, do 29 de outubro, as empresas e entidades editoras radicadas en Catalunya deberán dirixirse á Biblioteca de Catalunya

Como obter o ISSN

  • Publicación seriada en soporte imprimido

- Xa existente

1.  Completar formulario de solicitude e enviar por correo postal  ao enderezo:

Centro Nacional Español del ISSN
Biblioteca Nacional de España
Paseo de Recoletos, 20
28071-Madrid

2. Enviar, ademais, o exemplar do primeiro número ou fascículo  (ou no seu defecto a fotocopia de portada e a páxina de datos editoriais) e un exemplar do número máis recente.

 

- Aínda non editada

1. Completar formulario de solicitude e enviar vía web

2. Anexar proba de imprenta da publicación: copia da portada e/ou cuberta, copia da páxina de datos editoriais e copia da comunicación do número de Depósito Legal

 

  • Publicación seriada en liña

1. Completar formulario de solicitude e enviar vía web

Só se asignará o ISSN a publicacións seriadas con contido cuxo enderezo electrónico (URL) estea operativo no momento de facer a solicitude.

 

En todos os casos, é necesario para a correcta identificación da publicación que figure claramente indicado nalgún apartado desta o lugar de edición e a entidade e/ou editor responsable da devandita edición.

O número de Depósito Legal é un trámite obrigatorio para calquera tipo de soporte, agás para as publicacións seriadas en liña. A súa tramitación corre á conta do editor da publicación.