Saltar al menú principal
Saltar al contenido

ABINIA

ABINIA, a Asociación de Estados Iberoamericanos para o Desenvolvemento das Bibliotecas Nacionais dos Países de Iberoamérica, constituíuse baixo o nome de Asociación de Bibliotecas Nacionais de Iberoamérica (ABINIA) en México D.F. o 14 de decembro de 1989. Actualmente, é un organismo internacional aínda que segue conservando as siglas da institución anterior.

Forman parte de ABINIA as 22 Bibliotecas Nacionais de Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Costa Rica, Cuba, Chile, Ecuador, O Salvador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, República Dominicana, Panamá, Paraguai, Perú, Portugal, Uruguai e Venezuela. Porto Rico foi admitido como membro en maio de 1990, representado polo Sistema de Bibliotecas do Recinto de Río Piedras da Universidade de Porto Rico, que fai as funcións de Biblioteca Nacional.

ABINIA está composta, polo tanto, polas Bibliotecas Nacionais dos países iberoamericanos, que constitúen unha comunidade cultural que comparte dous idiomas afíns: español e portugués, e ademais, teñen intereses converxentes na defensa dos seus patrimonios culturais e na necesidade de integrar esforzos no logro de obxectivos comúns.

A secretaría do organismo intergobernamental ten a súa sede no seguinte enderezo:
Casa Teresa de la Parra
Foro Libertador. Caracas. Venezuela
Teléfono: 58 212 8630442
Fax: 58 212 8630557
Correo electrónico

ABINIA é ademais un dos programas do Cumio de Xefes de Estado e de Goberno de Iberoamérica. Sobre este punto pódese obter máis información na Secretaría de Cooperación Iberoamericana.