Saltar al menú principal
Saltar al contenido

CENL

A Fundación Conferencia de Directores de Bibliotecas Nacionais de Europa nace como foro informal dos directores das Bibliotecas Nacionais europeas. Dende 1998 é unha fundación independente que reúne os directores das Bibliotecas Nacionais dos países membros do Consello de Europa. Actualmente, a Fundación está composta por 45 membros que representan a 43 países.
A Conferencia celebra unha reunión anual e nela propóñense os proxectos, todos de carácter cooperativo, e as súas liñas de actuación.

Entre os seus obxectivos principais destaca o esforzo por: 

  • Mellorar e fortalecer o papel das Bibliotecas Nacionais en Europa
  • Potenciar os servizos bibliográficos nacionais
  • Promover a colaboración entre elas e con institucións para asegurar o acceso aos usuarios
  • Crear e manter unha rede de información eficiente
  • Harmonizar e introducir novidades nas políticas nacionais relativas a bibliotecas
  • Implantar nas bibliotecas as novas tecnoloxías da información
  • Normalizar as interfaces de comunicación en Europa
  • Preservar e conservar coleccións importantes de Europa

A Fundación ten un comité permanente encargado do control e seguimento dos proxectos de cooperación entre países ou con institucións e organizacións internacionais.  Os proxectos de cooperación abranguen temas de acceso multilingüe aos fondos,  desenvolvemento  de bibliotecas dixitais e de novas ferramentas tecnolóxicas para a difusión e xestión da información.

Entre os proxectos auspiciados polo CENL o máis destacado é The European Library, que a día de hoxe é un portal que ofrece acceso aos fondos de todas as Bibliotecas Nacionais de Europa.

Máis información sobre CENL