Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Proxectos e colaboracións internacionais

VIAF

VIAF (Ficheiro de Autoridades Virtual Internacional) é un proxecto conxunto iniciado entre OCLC, Library of Congress, Deutsche Nationalbibliothek, e a Bibliothèque nationale de France para explorar a posibilidade de combinar virtualmente os seus rexistros de autoridade para formar unha soa base de datos de autoridades e poñela a libre disposición na rede.

Mediante a agrupación nun só rexistro VIAF dos respectivos rexistros de autoridade coincidentes, o obxectivo é permitir que un usuario poida buscar nas bases de datos utilizando a súa lingua de preferencia mediante o uso de ficheiros de autoridade interrelacionados.

VIAF conta con preto de 10 millóns de rexistros de persoa, aínda que se está a traballar na integración do resto de tipoloxías, agás materias.

Actualmente forman parte do proyecto19 institucións, a maioría delas bibliotecas nacionais. A Biblioteca Nacional de España forma parte do proxecto dende xullo de 2009.