Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Europeana

Europeana abre novos horizontes ao reunir nun único acceso millóns de recursos dixitais de arquivos, museos, bibliotecas e coleccións audiovisuais europeas.

Europeana está a desenvolver ferramentas prácticas e definidas polo usuario para explorar e compartir o contido nun ámbito multilingüe. Estas ferramentas permitiranlle ao usuario dun xeito sinxelo combinar ou comparar material relacionado en diferentes países - por exemplo, os mecanismos, imaxes, rexistros e textos relacionados co Imperio Romano, os Viquingos ou o Renacemento.

Na construción de Europeana, a futura Biblioteca Dixital Europea, dedicáronse moitos esforzos e a Comisión Europea contribuíu enormemente a través do programa eContentplus con proxectos como EDLproject que finalizou en febreiro de 2008, así como EDLnet e TELplus entre outros. Todos estes programas cofinanciados pola Comisión Europea nos que participa a nosa Biblioteca, na súa maior parte, contribúen ao desenvolvemento de EUROPEANA que continúa  o seu crecemento dende o seu lanzamento en 2008 a través doutros proxectos de cooperación como Europeana V.1., en funcionamento dende febreiro do 2009 para a creación un servizo operativo que resolva os problemas formulados na implantación e funcionamento da Biblioteca Dixital Europea (Europeana).