Saltar al menú principal
Saltar al contenido

The European Library (TEL)

The European Library naceu baixo os auspicios da CENL (Conferencia de Directores de Bibliotecas Nacionais de Europa) co obxectivo de ofrecer acceso aos fondos das Bibliotecas Nacionais Europeas mediante un motor de busca multilingüe e común.

The European Library  ofrece na actualidade un único punto de acceso aos recursos electrónicos das Bibliotecas Nacionais máis importantes de Europa e doutros servizos bibliotecarios. Neste sentido, non unicamente aspira a se converter nun centro de referencia para profesionais e investigadores, senón que entre as súas metas e fins figura o acceso do público en xeral a este enorme depósito de información. A Biblioteca Nacional está integrada en The European Library practicamente dende os seus inicios e  renovou  esta colaboración en 2010 por un período de  dous anos máis.

A Biblioteca Nacional difunde entre profesionais da información e das bibliotecas de España os plans editoriais e de comunicación que periodicamente nos envían dende The European Library e lidera o desenvolvemento de produtos clave como o proxecto/exposición dos grandes libros de Europa. Estanse a preparar contidos moito máis ambiciosos con motivo desta exposición virtual prevista para finais de 2010, que contará coas "TOP 100" obras dixitalizadas máis salientables de cada país, incluído o noso.

Máis información sobre The European Library