Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Internacional

A Biblioteca Nacional, dentro dos fins que aparecen recollidos nos seus estatutos, desenvolve e xestiona actividades de cooperación con institucións públicas e privadas, tanto no ámbito nacional coma internacional.

A Área de Coordinación e Relacións Institucionais ten encomendada esta tarefa. O seu obxectivo é promover e coordinar as actividades que leva a cabo a Biblioteca Nacional en proxectos e programas de colaboración.

Os obxectivos e actividades fundamentais no ámbito internacional son:

  • Consolidar a Biblioteca Nacional como principal punto de referencia da Comunidade Hispanista Internacional.
  • Promover a Biblioteca Nacional como unha institución con autoridade no ámbito das principais bibliotecas nacionais.
  • Manter o desenvolvemento tecnolóxico da maioría de Bibliotecas Nacionais do noso ámbito, para non perder posibilidades de intercambio de información.
  • Participar en proxectos con bibliotecas doutros países que supoñan avance e mellora técnica á posta a punto de instrumentos de consulta e intercambio de datos.
  • Facer promoción da institución dentro das subvencións e axudas dos organismos internacionais.
  • Promover, con programas de difusión e de formación, o patrimonio bibliográfico nacional e a cultura española.