Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Estudo de usuarios

A Biblioteca Nacional de España realizou un estudo para analizar o valor dos servizos prestados aos seus usuarios e coñecer as súas expectativas. Para realizar o devandito estudo contratouse un servizo de consultoría á empresa PricewaterhouseCoopers Asesores de Negocios S.L., que traballou cun equipo de profesionais da Biblioteca entre os meses de xaneiro a xullo de 2009. En cumprimento do compromiso adquirido cos participantes nel, damos a coñecer os resultados, estruturados en dúas partes:

A Biblioteca Nacional de España quere agradecer a todas as persoas - tanto usuarios reais da BNE como usuarios potenciais e profesionais de diversos colectivos - a súa colaboración e activa participación en moitos casos. A Biblioteca Nacional ten posto o seu empeño en acometer todas as actuacións posibles a curto, medio e longo prazo para cubrir as expectativas tanto dos usuarios que utilizan a BNE habitualmente como daqueles que, ben polos seus perfís profesionais, pola súa distancia xeográfica ou calquera outra razón, necesitan un modelo de biblioteca axeitado ás súas necesidades a distancia.