Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Transparencia

A misión da Biblioteca Nacional de España, dende hai máis de 300 anos, é a de preservar e transmitir o patrimonio bibliográfico e documental español. A súa vontade é reverter na sociedade o inmenso legado cultural que atesoura, potenciando ao máximo o acceso, uso e reutilización da información que conserva e xera, en beneficio da sociedade.

Froito da súa vocación de apertura e baseándose nos principios de transparencia, participación cidadá e colaboración expresados na Lei 19/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, a Biblioteca Nacional de España ofrece este espazo de Transparencia co fin de dar a coñecer como se toman as decisións que afectan á institución, como se xestionan os seus fondos públicos ou baixo que criterios actúa. Deste xeito, facilítase a todas as persoas interesadas un acceso sinxelo á información máis importante relativa ás actividades da BNE e recoñécese o dereito de acceso á información dos cidadáns.

Dunha forma progresiva e ata que se poida ofrecer un Portal de Transparencia e Datos Abertos, iremos poñendo á disposición da sociedade información sobre a actividade da Biblioteca Nacional de España.