Saltar al menú principal
Saltar al contenido

RSS

¿Que é RSS?

RSS (sigla de "Sindicación Realmente Simple", Really Simple Syndication en inglés) é un documento escrito en XML, deseñado para a distribución rápida de noticias contidas en páxinas web.

Os arquivos RSS, tamén coñecidos como feeds RSS, conteñen unha lista de noticias a xeito de resumo do contido publicado na páxina web á que fan referencia. Cada elemento da lista consta do titular da noticia, un pequeno resumo e unha ligazón á noticia completa.

Lendo os ficheiros RSS dun sitio web é posible saber se ese sitio se actualizou e cales son as noticias novas que se agregaron, pero sen necesidade de acceder á súa páxina web.

Cómo acceder aos RSS

Subscríbase ao boletín de noticias da Biblioteca Nacional de España.

Grazas á tecnoloxía RSS, a Biblioteca Nacional de España proporciona un servizo de envío automatizado de titulares de contidos engadidos á web.

Para utilizar o servizo RSS, é necesario instalar un programa chamado lector ou agregador. Copie o enderezo da sección da que desexa recibir os titulares e siga as instrucións do lector RSS.

Hai múltiples lectores que permiten agrupar información de diferentes webs nunha única páxina, entre outros: Freedreader, RSS Reader, Sharp Reader ou Feed Demon