Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Accesibilidade

Nota preliminar

A páxina web da Biblioteca Nacional creouse utilizando HTML e follas de estilo. A linguaxe de presentación utilizada é o resultado da transformación dos documentos orixinais que están construídos de xeito estruturado usando XML.

Esta páxina cumpre as recomendacións de accesibilidade WAI (Web Accessibility Initiative ou Iniciativa de accesibilidade web) do consorcio Web (W3C). Dos niveis propostos pola WAI, o nivel de cumprimento na páxina web varía dende o 1 en todas as páxinas ata o 2 en moitas delas, dependendo das necesidades funcionais das diferentes seccións. Este portal está optimizado para os navegadores MS Internet Explorer 7.0, Netscape 6.0 e Mozilla Firefox 3 ou versións superiores destes. A resolución mínima recomendada é de 1024.

Para a correcta visualización de todas a páxinas é necesario poder executar Javascript. Algunhas das seccións do portal necesitan, para poder funcionar correctamente, que o navegador estea configurado para admitir cookies, entre elas o mantemento da sesión de usuario unha vez que se identificou no portal.

As características descritas refírense só ás páxinas que se están baixo o dominio bne.es, excluíndo as páxinas ás que levan as ligazóns externas, así como os contidos que se incrustan neste portal pero que proveñen doutros servizos.

Este sitio utiliza o xestor de contidos baseado en política de código aberto OpenCMS e foi deseñado para ser totalmente accesible e usable, de acordo coas Web Content Accessibility Guidelines (WCAG v1.0). Se hai algo neste sitio en relación coa accesibilidade ou a validación que non estea de acordo co estándar, por favor, póñase en contacto coa administración do sitio.

Teclas de acceso dispoñibles

As teclas de acceso son un dispositivo de navegación que lle permiten navegar por este sitio web utilizando o seu teclado. Este sitio utiliza unha configuración que se achega en detalle á maioría das recomendacións internacionais sobre as teclas de acceso. Cada acceso está asociado a unha letra. A relación ofrécese a continuación:

Menú principal

Inicio (Tecla I)

A BNE (Tecla B)

Coleccións (Tecla O)

Servizos (Tecla S)

Actividades (Tecla A)

Catálogos  (Tecla C)

Comunidade BNE (Tecla M)

 

Navegación recursiva

Sede electrónica (Tecla E)

Mapa (Tecla M)

Catálogo (Tecla C)

Prensa (Tecla P)

Contactar (Tecla T)

 

Utilización das teclas de acceso en distintos navegadores web

Internet Explorer 5 + (Windows)
Manteña pulsada a tecla Alt, prema a letra da tecla de acceso asociada e solte ambas as dúas teclas e prema ENTER.

Internet Explorer 4 (Windows)
Manteña pulsada a tecla Alt e prema a letra da tecla de acceso asociada.

Internet Explorer 5 + (Mac)
Manteña pulsada a tecla Ctrl e prema a letra da tecla de acceso asociada.

Internet Explorer 4.5 (Mac)
Non están admitidas teclas de acceso, por favor utilice outro navegador.

Firefox, Mozilla e Netscape 7 + (Windows)
Manteña pulsada a tecla Alt e prema a letra da tecla de acceso asociada.

Firefox, Mozilla e Netscape 7 + (Mac OS X)
Manteña pulsada a tecla Ctrl e prema a letra da tecla de acceso asociada.

Safari e Omniweb (Mac OS X)
Manteña pulsada a tecla Ctrl e prema a letra da tecla de acceso asociada.

Konqueror (Linux)
Pulse e solte a tecla Ctrl, e despois prema a letra da tecla de acceso asociada.

Netscape 6 e anteriores (todas as plataformas)
Non están admitidas teclas de acceso, por favor utilice outro navegador.

 

Declaración de accesibilidade

O equipo de desenvolvemento deste portal comprometeuse a utilizar o seu coñecemento e comprensión das formas en que distinta xente accede a Internet para desenvolver un sitio web que sexa claro e simple, para que todo o mundo o utilice.

 

Validación

Utilizamos XHTML 1.0 e CSS de acordo ás respectivas especificacións, segundo o indicado polo W3C, porque cremos que a usabilidade e a accesibilidade deben ter unha fundación sólida. Se algún elemento deste sitio web non se valida correctamente, por favor póñase en contacto coa administración do sitio.

Tamén nos esforzamos en acadar un nivel de accesibilidade AA segundo o establecido en relación coa versión 1.0 do WCAG. Así e todo, somos conscientes de que un número dos puntos de comprobación do WCAG son subxectivos e, aínda que estamos seguros de que os cumprimos honestamente, pode haber casos nos que poida darse outra interpretación.