Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Aviso legal

A información administrativa facilitada a través desta web non substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións xerais e das actas que deban ser publicadas nos diarios oficiais. O contido que se ofrece é exclusivamente informativo e carece de efectos vinculantes para a Administración.

Tanto o deseño do portal e os seus códigos fonte coma o deseño dos logos, marcas e demais signos distintivos que aparecen neste pertencen á Biblioteca Nacional ou a outro organismo que autorizara a súa utilización, e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial.

Facilítanse ligazóns a páxinas externas sobre as que a Biblioteca Nacional non ten control ningún, e respecto das cales declina toda responsabilidade. A Biblioteca non asume ningunha responsabilidade polo contido, informacións ou servizos que poidan aparecer nos devanditos sitios, que terán exclusivamente carácter informativo e que, en ningún caso, implican necesariamente unha relación entre a Biblioteca e as persoas ou entidades titulares destes contidos ou os titulares dos sitios onde se atopen.

A Biblioteca Nacional non garante a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso ao seu sitio web nin aos seus diferentes contidos. Tampouco garante que o sitio estea sempre actualizado, aínda que fará todo o posible para solucionar os erros técnicos e velará pola actualidade e exactitude dos seus contidos. En calquera caso, a Biblioteca Nacional resérvase o dereito a realizar cambios no portal sen previo aviso, co obxecto de actualizar, corrixir, modificar, engadir ou eliminar os contidos do portal ou do seu deseño. Así mesmo, tampouco se responsabiliza dos contidos que terceiras partes inclúan nas ligazóns ás que se fai referencia nesta páxina.