Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Música Impresa

Portada de la Bibliografía Española de Música impresa

En 1990, publicouse por primeira vez de forma independente a bibliografía española de música impresa, baixo o nome de Bibliografía Española. Música Impresa, que daba a coñecer a edición musical española, a excepción das publicacións consideradas como menores.

Está dividida en dúas seccións. A primeira –temática– ordena os asentos bibliográficos por grandes grupos e pódese consultar, ademais, en formato PDF dende a páxina de busca. A segunda comprende cinco índices: de autores, de títulos, de materias, de autor-título e de series.

A música impresa organizouse en 11 grupos temáticos:

1. Coleccións históricas, edicións críticas e monumentos da música etc.
2. Música instrumental
    2.1 Instrumentos sós
    2.2 Agrupacións instrumentais
    2.3 Música de cámara
3. Música vocal
    3.1 Voz soa ou con acompañamento
    3.2 Música coral
         3.2.1 Música coral profana
         3.2.2 Música coral relixiosa
4. Música relixiosa
5. Música escénica
6. Música militar
7. Música popular
    7.1 Música popular propiamente dita
    7.2 Música de inspiración popular
8. Música lixeira
    8.1 Música lixeira cunha forma musical determinada
    8.2 Música lixeira
9. Ensino
    9.1 Métodos, estudos e exercicios prácticos
    9.2 Solfexo e teoría da música
10. Música para cinema, radio, televisión e publicidade
11. Miscelánea

Dentro de cada grupo, os asentos bibliográficos ordénanse alfabeticamente polo encabezamento principal.

A Bibliografía Española. Música Impresa en liña actualízase de forma anual. actualízase de forma anual.

Atajos de búsqueda en el Catálogo de la Biblioteca Nacional