Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Publicacións periódicas

Portada de la Bibliografía española de publicaciones periódicas

O suplemento de Publicacións periódicas de Bibliografía Española edítase, baixo distintos títulos, dende 1971. Este repertorio, ao igual que agora a súa versión electrónica, inclúe os rexistros bibliográficos dos primeiros números de publicacións periódicas impresas en España, así como os cambios de título de revistas xa publicadas, que se reciben na Biblioteca Nacional grazas ao depósito legal.

En Publicacións Periódicas de Bibliografía Española en liña recóllense títulos en calquera soporte de publicación, ben sexa papel, microforma ou recursos electrónicos de acceso directo. Os recursos electrónicos de acceso remoto iranse incluíndo paulatinamente.

Neste repertorio recóllense publicacións seriadas de distinto tipo: publicacións periódicas ou revistas, prensa diaria, memorias e informes anuais de entidades. Quedan excluídas as publicacións de congresos e as series monográficas.

As Publicacións periódicas de Bibliografía Española en liña actualízanse de forma trimestral.