Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Carné de Lector

Ten unha vixencia de tres anos.

Permite:

  • Consultar os libros e impresos editados a partir de 1958 conservados na Biblioteca, agás aqueles cuxa consulta ou utilización se ache restrinxida por razóns de seguridade ou conservación
  • Consultar os libros e impresos anteriores a 1958 se se encontran dixitalizados ou microfilmados.

Documentación necesaria para tramitar ou renovar o carné:


1. Documento de identificación persoal en vigor.
Pode ser un dos seguintes:

  • Documento nacional de identidade
  • Carné de conducir
  • Pasaporte
  • Tarxeta de residencia

Para menores de idade que teñan 16 e 17 anos:

  • Carta escrita e asinada por un docente do centro educativo, con logo e selo do centro, onde se indique a necesidade de consultar os fondos da Biblioteca

Solicitude do carné en liña

Ademais de fisicamente, pode tramitar ou renovar o seu carné a través da páxina web. A Biblioteca responderá á súa petición nun prazo máximo de 72 horas. O carné entregarase na propia Biblioteca ao titular deste, logo de presentación dun documento de identidade.  En ningún caso, remitirase mediante correo postal.