Carné de Lector
Este servicio se encuentra disponible únicamente mediante cita previa por lo que será necesario solicitar el carné de forma remota antes de acudir a las instalaciones de la BNE.
Consulte toda la información en el siguiente enlace.
Ten unha vixencia de tres anos.
Permite:
- Consultar os fondos editados a partir de 1958 conservados na Biblioteca, agás aqueles cuxa consulta ou utilización se ache restrinxida por razóns de seguridade ou conservación
- Consultar os fondos anteriores a 1958 se se encontran dixitalizados ou microfilmados.
Documentación necesaria para tramitar ou renovar o carné:
1. Documento de identificación persoal en vigor.
Pode ser un dos seguintes:
- Documento nacional de identidade
- Carné de conducir
- Pasaporte
- Tarxeta de residencia
Para menores de idade que teñan 16 e 17 anos:
- Carta escrita e asinada por un docente do centro educativo, con logo e selo do centro, onde se indique a necesidade de consultar os fondos da Biblioteca
Solicitude do carné en liña
Ademais de fisicamente, pode tramitar ou renovar o seu carné a través da páxina web. A Biblioteca responderá á súa petición nun prazo máximo de 72 horas. O carné entregarase na propia Biblioteca ao titular deste, logo de presentación dun documento de identidade. En ningún caso, remitirase mediante correo postal.