Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Facilidades a usuarios discapacitados

Aparcamento

A biblioteca dispón de catro prazas de aparcamento para usuarios discapacitados. En horario de mañá queda unha praza libre, as outras tres están ocupadas polo persoal da biblioteca que ten unha discapacidade. En horario de tarde o máis frecuente é que todas, ou varias delas, estean libres.

Acceso

As persoas con algunha dificultade para desprazarse poden acceder á BNE pola planta baixa e utilizar os ascensores. Se a persoa non pode subir chanzos de ningún tipo, deberá acompañala un empregado da biblioteca.

As persoas que desexen acceder ás salas de exposicións e ao salón de actos poden entrar sen ter que subir ningún chanzo pola planta baixa, na que se encontran situadas estas salas. Para visitar o Museo da BNE dispoñen dun ascensor para baixar á planta -1, na cal está situado.

A biblioteca dispón de dúas cadeiras de rodas, dispoñibles na planta baixa. Para utilizalas ou solicitar ser acompañado por unha persoa da biblioteca para percorrer un itinerario sen chanzos hai que dirixirse ao persoal de recepción.

Utilización de salas

É posible asignar a usuarios con problemas de mobilidade postos de lectura situados preto da entrada á sala correspondente e/ou preto do mostrador de petición de fondos da sala. O persoal da sala pode levar as publicacións solicitadas ata o pupitre se é necesario.

Usuarios con dispacacidade visual

Nas diferentes salas da biblioteca existen lupas de aumento a disposición dos usuarios. No Salón Xeral de Lectura hai habilitados dous postos con telelupas para ampliación dos materiais solicitados.

Ademais, a biblioteca dispón dunha colección de libros en braille e gravacións sonoras de todo tipo, como audiolibros, e ademais conserva un Arquivo da Palabra que inclúe tamén gravacións de radio, discursos, etc.

Existen diversos medios para ler ou escoitar os soportes mencionados: os libros en braille que estean reflectidos no noso catálogo coa súa correspondente signatura poden solicitarse polo sistema de petición de libros establecido na sala correspondente; para a audición de todas as gravacións sonoras ou dos materiais audiovisuais, existen cabinas de audición na Sala Barbieri da biblioteca.

Servizos a distancia

Co convencemento de que os servizos a distancia son unha grande axuda para facilitar aos usuarios discapacitados o uso da biblioteca, a institución facilita os seguintes servizos a través da súa páxina web, coas conseguintes vantaxes tamén para todos aqueles usuarios que viven lonxe da súa sede en Madrid:

Ademais destes servizos, as persoas que necesiten unha atención específica poden dirixirse ao persoal de recepción, ao persoal do servizo de información xeral ou ao responsable da atención a usuarios da sala na que estean a traballar.