Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Horarios

Para acceder presencialmente aos servizos bibliotecarios é necesario pedir cita previa.


Será necesario respectar as medidas de seguridade e prevención que determinaron tanto o Ministerio de Sanidade coma o Ministerio de Cultura e Deporte.


Consulte toda a información na seguinte ligazón.

Tramitación anticipada de carnés

Recollida en sede con cita previa

Recibida a solicitude e comprobada a documentación entregada, a BNE informará o usuario de cando poderá pasar a recoller o seu carné ou de se debe achegar documentación adicional.

Horario de recollida: de luns a venres, de 10:00 a 19:00 h.

Consulta de documentos

A consulta estará restrinxida a fondos antigos, especiais, únicos ou excluídos de préstamo domiciliario por outros motivos.

Recibida a petición e comprobada a dispoñibilidade dos documentos, a BNE informará ao usuario da data e a hora na que poderá consultar a documentación.

A consulta de coleccións de referencia tamén se fará previa ao persoal bibliotecario. Non estará permitido o estudo nas salas, só a consulta de publicacións.

Salas de consulta

É necesario cita previa para todas as salas e haberá redución de aforo (50%).

Consulte os horarios e condicións de cada sala a través das ligazóns:

Sala de Información Xeral e Carnés
Salón de Lectura María Moliner
Sala de Alcalá de Henares
Sala Cervantes
Sala Goya
Sala Barbieri
Sala de Prensa e Revistas Larra
Sala de Información Bibliográfica e Documentación Bibliotecaria
 

O abandono das salas de lectura iniciarase 15 minutos antes do peche.

Reprodución de documentos

O servizo de reprodución de documentos encóntrase dispoñible a través do formulario.

 

A Oficina de Reprografía e Fotocopias ao Público permanecerá pechada ata novo aviso.

Exposicións

Por seguridade e prevención, existen limitacións de aforo e diferentes condicións de acceso ás salas. Consulte por favor a información e modo de acceso en cada una das exposicións.

Rexistro xeral e cartería

Atención presencial: luns, mércores e venres.

Horario: 8:30 a 15:00 h.

Servizo telemático todos os días.

O seu funcionamento estará limitado polas condicións de aforo máximo vixentes en cada momento.

Servizo de Cafetería

De luns a venres (salvo festivos) de 8:30 a 16:00 h.

O seu funcionamento estará limitado polas condicións de aforo máximo vixentes en cada momento.