Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Petición anticipada

O Servizo de petición anticipada permítelle ao usuario solicitar con antelación o servizo de fondos, de modo que poida acceder aos documentos que necesite consultar un día determinado. Este servizo permite reservar un máximo de 10 volumes que estarán á disposición do usuario durante un prazo máximo de 15 días naturais.

Para gozar deste servizo, é imprescindible:

  1. Estar rexistrado como usuario da BNE, xa que o sistema lle pedirá un número de identificación (n.º de carné ou DNI).
  2. Cubrir o formulario correspondente que aparece vinculado ao rexistro bibliográfico resultado dunha busca. Por iso, é necesario realizar a busca previamente.

Unha vez enviado o formulario, o sistema envía un ok automático. Posteriormente, o usuario recibirá un correo no que se confirma que se iniciou a tramitación da súa petición. Os fondos da sede de Recoletos deben solicitarse con polo menos 24 horas de antelación e os da sede de Alcalá de Henares con polo menos 48 horas, sen contar fins de semana nin festivos.

Información relacionada